A Casa das Minas, é unha proposta da Comunidade de Montes de Zobra e Sterna Turismo de Natureza SL, para achegarte os valores naturais e culturais da Serra do Candán e o seu entorno.
A COMUNIDADE DE MONTES DE ZOBRA
A Comunidade de Montes de Zobra xestiona 1.150 hectáreas, moitas delas na Zona de Especial Conservación dos Valores Naturais. A súa inquedanza pola conservación e a posta en valor deste entorno natural levounos a restaurar as casas da antiga Mina de A Trigueira para ofertar un aloxamento turístico que permita ao visitante achegarse a descubrir este espazo.
STERNA TURISMO DE NATUREZA S.L.
É a empresa xestora dos aloxamentos, os socios que a conforman son bos coñecedores do patrimonio natural e cultural da Serra do Candán, e procuran con esta proposta non só dar unha solución de aloxamento, senón tamén dinamizar o espazo con actividades de divulgación, que abranguen dende a descuberta do patrimonio natural e cultural, ate actividades formativas para o desennvolvimento económico do medio rural.